CURSO DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
A realidade sociolóxica nacional mostra como o desexo maioritario das persoas maiores e, en xeral o de todos quen teñen algunha dependencia, é o de permanecer no seu domicilio mentres a súa situación persoal e de saúde llo permita. A pesar de que moitas Administracións Públicas iniciaron políticas sociais que recorren a este recurso, inda queda moito camiño por recorrer. Pola súa parte a iniciativa privada estivo durmida durante moito tempo, circunstancia que fixo que proliferasen a aparición de recursos paralelos de dubidosa legalidade. Na actualidade estamos vivindo un momento de expansión deste tipo de servicios, tanto por parte de iniciativas xurdidas desde emprendedores novos no sector, como por parte de empresas vinculadas á xestión residencial. Este crecemento deste tipo de servicios débese a diferentes factores como o avellentamento da poboación, a existencia cada vez maior de máis persoas con algún tipo de dependencia, a escaseza de recursos... todo elo vén configurando a necesidade de expansión do Servicio de Axuda a Domicilio, así como da súa profesionalización para poder diferenciarse dos servicios informais que presta a familia ou o sector do voluntariado.
Nesta liña traballa "INTEGRO", na profesionalidade do servicio para poder ofrecer un SAD de calidade, e isto comeza coa formación das Auxiliares de Axuda a Domicilio, que son quen prestan o servicio planificado directamente no domicilio do beneficiario.
Horario: De luns a venres de 09,30 a 14,30 horas
Lugar: CENTRO DE REHABILITACIÓN INTEGRAL “UMBELA” DE INTEGRO. Estrada Coruña Fisterra KM 52. A Pedra – Nantón. 15115 Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Datas previstas de impartición: Inicio(luns 06 de novembro de 2006) - Remate (venres 29 de Decembro de 2006)
Profesorado: Beatriz Antiqueira Pérez
CURSOS PARA A FORMACIÓN OCUPACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE ACUDEN O CENTRO UMBELA.
A Asociación Integro tamén imparte cursos de informática básica,
manualidades, pintura al oleo en cristal para todas aquelas persoas que acuden o centro e teñen interese en algún desdes campos.
Se estás interesado en participar en algún destes cursos ou outras actividades, só te tes que poñer en contacto ca Asociación.
|